Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30546

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 85, do 4 de maio), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio.

En sesión que tivo lugar o 15 de xuño de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2017 (DOG núm. 227, do 29 de novembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de química, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio) acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, que o terceiro exercicio terá lugar o día 5 de xullo de 2018, na aula nº 2 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid, 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recolla de móbiles.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018

José Francisco Alonso Picón
Presidente do tribunal