Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30563

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 259/2017).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 259/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Moure Rosende contra Óscar Carretero Boga e Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza nº 274/2018.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades salariais) baixo o número 259/2017, en que é parte demandante César Moure Rosende, asistido polo letrado Sr. Martínez Santos, e son partes codemandadas o empresario Óscar Carretero Boga, que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que así mesmo non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos), en nome do rei dito a presente sentenza con base nos seguintes  

Resolución:

Que debo estimar parcialmente e estimo parcialmente a demanda presentada polo letrado Sr. Martínez Santos, que actúa en nome e representación de César Moure Rosende, fronte ao empresario Óscar Carretero Boga, e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén, Fogasa) e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario Óscar Carretero Boga agora demandado a aboar a favor do traballador agora demandante César Moure Rosende a cantidade de 13.768,18 euros (en concepto de aspectos expresados nas filas números 1, 2 e 3 da táboa inserida no feito declarado probado cuarto da presente sentenza) + a cantidade de 3.126 euros en concepto de indemnización por incumprimento das obrigas empresariais (ex final número 4 da táboa inserida no feito declarado cuarto da presente sentenza) + a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal devindicado por mora no pagamento do salario sobre a cantidade de principal que teña condición de cantidade salarial ex artigos 26 e 29.3, ambos do Estatuto dos traballadores (é dicir, polo total dos concepto que conforman a primeira contía principal na cantidade de 13.768,18 euros pero non sobre a segunda de 3.126 euros).

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade que poida corresponder legalmente ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación, no prazo de cinco días hábiles contado desde o seguinte ao da notificación da presente sentenza, ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de consignación do depósito para tales efectos legalmente previsto, de acordo co disposto no artigo 191.2.g), seguintes e concordantes da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúnciao, mándao e asínao.

A xuíza substituta.

E para que sirva de notificación en legal forma a Óscar Carretero Boga, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza