Unha vez rendida a conta xeral para o exercicio de 2017 e ditaminada pola Comisión Especial de Contas en sesión do 13 de xuño de 2018, xunto co ditame e documentos que a xustifican, exponse ao público na Secretaría-Intervención municipal, por un prazo de 15 días hábiles que se computarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante os cales e oito días máis os interesados poderán formular por escrito as reclamacións, reparos ou observacións que coiden oportunas, tal e como se sinala no artigo 212.3 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais.
Portomarín, 19 de xuño de 2018
Juan Carlos Serrano López
Presidente