Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30604

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ames

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de oficial para a sección de obras e servizos básicos, subgrupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.

Pola Resolución desta Alcaldía núm. 979/2018, do 15 de maio, resolveuse a aprobación das bases da convocatoria para a selección e contratación laboral fixa dun/dunha oficial para a sección de obras e servizos básicos, subgrupo C2, polo sistema de concurso-oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 97, do 24 de maio de 2018, publicáronse as bases reguladoras do proceso selectivo, concurso-oposición libre, para a provisión en propiedade dunha praza de oficial para a sección de obras e servizos básicos, subgrupo C2, incluída na oferta de emprego público 2017.

As instancias en que se solicita tomar parte no procedemento selectivo poderanse presentar no Rexistro Xeral deste Concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza pubicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de anuncios da sede electrónica e na páxina web do Concello de Ames.

Ames, 25 de maio de 2018

José M. Miñones Conde
Alcalde