Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30858

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 14 de xuño de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2017 (DOG núm. 227, do 29 de novembro), modificada pola Orde do 22 de decembro de 2017 (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 85, do 4 de maio),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, e na Resolución deste tribunal do 15 de maio de 2018, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, os aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinais ou fotocopias compulsadas) de estar en posesión do Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2018

Ascensión Labella Lozano
Presidenta do tribunal