Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 26 de xuño de 2018 Páx. 30949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 16 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de inicio de procedementos de reintegro de varias axudas e subvencións xestionadas nesta xefatura territorial.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Intentouse a notificación por correo certificado aos interesados citados no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o acordo ditado no correspondente expediente.

Sen prexuízo dun anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para realizar as alegacións e presentar a documentación que xulguen oportuna ante o órgano competente, así como para comprobar o contido integro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense, avda. da Habana, 79-7ª planta en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, advertíndoos de que, de non facelo, se terán por notificados cos efectos que correspondan.

Ourense, 16 de abril de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: TR341D 2010/697-3.

Solicitante: Eduardo Félix Rosales Fernández.

Concello: O Carballiño.

Materia: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Precepto infrinxido: artigo 17.1.a) da Orde do 22 de abril de 2010 (DOG do 28 de abril).

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda concedida.

Expediente: TR348A 2010/202-3.

Solicitante: Xestión Integral Urbicasa, S.L.

Concello: Ourense.

Materia: programa de fomento da contratación indefinida inicial de colectivos desfavorecidos.

Precepto infrinxido: base sétima punto 1, anexo A, da Orde do 4 de maio de 2010 (DOG nº 86, do 7 de maio).

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro da axuda concedida.