Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2007/396-1, nos concellos de Vimianzo e Muxía.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase do traslado das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados polas instalacións denominadas LAT 66 kV subestación Vimianzo-subestación P.E. Muxía, nos concellos de Vimianzo e Muxía (expediente IN407A 2007/396-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 14 de xuño de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2007/396-1.

Entidade beneficiaria: EDP Renovables España, S.L.U.

Denominación da instalación: LAT 66 kV subestación Vimianzo-subestación P.E. Muxía.

Concellos: Vimianzo e Muxía.

Predio

Concello

Titularidade proposta

10-1

Vimianzo

Autoestrada Carballo-Berdoias

161

Muxía

Descoñecida