Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 27 de xuño de 2018 Páx. 31068

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2018 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

De conformidade co establecido no artigo 5 da Orde do 21 de xaneiro de 2010 pola que se regula a actividade de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas e se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), e no punto sexto da Resolución do 20 de abril de 2018 pola que se convocan probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 85, do 3 de maio), esta dirección xeral

DISPÓN:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas convocadas pola Resolución do 20 de abril de 2018 (DOG núm. 85, do 3 de maio).

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.es

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Composición do tribunal cualificador:

1. O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros:

– Tribunal titular:

Presidenta: Mónica María Castro Pérez.

Secretario: Roberto Pérez Fonte.

Vogais:

Ana Purificación Otero Ferreiro.

Jesús Lata Buceta.

Constantino Grandío Rivas.

– Tribunal suplente:

Presidente: Ramón Quiroga Limia.

Secretario: Ramón Freire Priegue.

Vogais:

José Antonio Fernández López.

José Ramón Viñas Diz.

Marco Antonio Freire Serén.

2. O réxime xurídico aplicable ao tribunal calificador será o que establece para os órganos colexiados a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Desenvolvemento das probas:

Convócanse os/as aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización da proba, que terá lugar o vindeiro día 6 de xullo na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n (A Estrada).

Proba psicolóxica: ás 13.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como de bolígrafo de cor azul.

A Estrada, 26 de xuño de 2018

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Excluídos renovación

Nome

Clave

Blanco Fernández, José Antonio

1

Casal Vidal, Manuel

2

Castro Núñez, Manuel

3

Díaz Rifón, Jorge Juan

3

García Castiñeira, Francisco

1

García Rodríguez, Víctor

2

Jorge González, Juan

1

Konate, Mamadou

1

Santos Bóveda, Juan Carlos

2

Código

Descrición

1

Debe solicitar o seu certificado de penais de maneira presencial

2

Non achega fotografías tamaño carné

3

O importe ingresado da taxa é inferior ao requirido