Con data do 22 de maio de 2018, o director xeral da Función Pública, en uso da competencia delegada polo conselleiro de Facenda en virtude da Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG núm. 136, do 18 de xullo), no seu artigo 3.e), ditou resolución pola cal se recoñece a compatibilidade solicitada por María Josefa Pombo Castro.
Logo de tentar a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foi devolta polo dito servizo por «non retirado» tras os dous intentos, respectivamente, en que consta «ausente repartición».
Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude deste anuncio, notifícalle a María Josefa Pombo Castro a resolución antes referida.
A interesada pode recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a interesada recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os casos a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.
Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública