Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de alimentación a pacientes e persoal de garda, servizo de cafetaría para o público/persoal e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e alimentos sólidos (vending) do Hospital do Salnés (expediente AB-EIP1-18-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-18-001.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato mixto.

b) Descrición: servizo de alimentación a pacientes e persoal de garda, servizo de cafetaría para o público/persoal e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e alimentos sólidos (vending) do Hospital do Salnés, centro dependente da EOXIPS.

c) Lotes: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 55321000-6; 55523000-2; 55320000-9; 55330000-2; 15894220-9; 55300000-3 e 42968000-9.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 2.2.2018 (DOUE); 13.2.2018 (BOE) e 14.2.2018 (DOG).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gastos.

b) Procedemento: aberto, multicriterio e regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 1.584.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 720.000,00 €.

b) Importe total: 792.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 6 de abril de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 30 de abril de 2018.

c) Contratista: Sodexo Iberia, S.A. (CIF: A08427296).

d) Importe de adxudicación:

1º. Importe neto: 706.323,24 €.

2º. Importe total: 776.955,56 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 26 de maio de 2018

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés