Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización de varios contratos de obras.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización dos seguintes contratos de obras:

1. Obra de reforma e ampliación do CEIP das Fontiñas en Santiago de Compostela (A Coruña), expediente ED 10/18-O.

1.1. Adxudicatario: CYS Hispania, S.L.

1.2. Importe de adxudicación: 159.348,21 € (IVE excluído).

1.3. Data de adxudicación: 30 de maio de 2018.

1.4. Data de formalización do contrato: 14 de xuño de 2018.

2, Obra de ampliación do CEP Altamira de Salceda de Caselas (Pontevedra), expediente ED 14/18-O.

2.1. Adxudicatario: Construcciones Castro Figueiro, S.L.

2.2. Importe de adxudicación: 387.385,22 € (IVE excluído).

2.3. Data de adxudicación: 30 de maio de 2018.

2.4. Data de formalización do contrato: 14 de xuño de 2018.

3. Obra de ampliación do CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei (Lugo), expediente ED 15/18-O.

3.1. Adxudicatario: Construcciones Ángel Jove, S.A.

3.2. Importe de adxudicación: 715.384,20 € (IVE excluído).

3.3. Data de adxudicación: 30 de maio de 2018.

3.4. Data de formalización do contrato: 14 de xuño de 2018.

4. Obra de cubrición e peche da pista deportiva no CEIP Plurilingüe Irmáns Villar de Ourense, expediente ED 1/18-O.

4.1. Adxudicatario: deserto.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria