Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31369

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 6 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se acorda notificar o requirimento de documentación no procedemento de cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2011/00258).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal á interesada, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona para que no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, compareza no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlle o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

No caso de non o facer, terase por desistida da súa solicitude, que se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.

O expediente relacionado está á disposición da interesada para que, de ser o caso, poida consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 6 de xuño de 2018

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente

Interesada

DNI/Equivalente

OU-2011/00258

Clara Altagracia Zorrilla Martínez

Y2135783V