Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 6 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ANP-PO-0013/2018 e oito máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 6 de xuño de 2018

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesados

Acto notificado

Persoa que adopta
o acto

ANP-PO-0013/2018

Benito Dios Portela

Incoación

O xefe territorial

CAZ-PO-0002/2018

Sociedade de caza Bretaña

Proposta

A instrutora

CAZ-PO-0003/2018

Tecor Forcarei

Proposta

A instrutora

CAZ-PO-0006/2018

Tecor Forcarei

Proposta

A instrutora

CAZ-PO-0007/2018

Sociedade de caza Bretaña

Proposta

A instrutora

CON-PO-0067/2018

César Méndez Coego

Resolución

O xefe territorial

CON-PO-0140/2018

Moisés Rodríguez Terres

Resolución

O xefe territorial

CON-PO-0105/2018

Alejandra Smerdou Alda

Proposta

A instrutora

CON-PO-0161/2018

Alberto Calvo Martínez

Incoación

O xefe territorial