Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31326

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2018 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns.

O máster universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns obtivo a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, e a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia para a súa implantación. Por Acordo do Consello de Ministros do 24 de febreiro de 2012 estableceuse o carácter oficial do título e a súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) (publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), do 26 de marzo, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 5 de marzo de 2012). O seu plan de estudos foi publicado por Resolución do 30 de maio de 2012 no BOE do 20 de xuño de 2012.

Polo exposto, de conformidade co disposto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns pola Universidade da Coruña, que se estrutura segundo consta no anexo.

A Coruña, 11 de xuño de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4312820.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1):

1. Rama de coñecemento á que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

Optativas (OP)…..……….………………………

Prácticas externas (PE)..................................

Traballo fin de máster (TFM)………..…....……

Total……………………………………………….

42

6

6

6

60

3. Especialidades do título:

– Seguridade no Traballo.

– Hixiene Industrial.

– Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada.

4. Contido do plan de estudos:

Módulo

Materia/disciplina

Créditos ECTS

Carácter

Materias Obrigatorias

Fundamentos das Técnicas de Mellora das Condicións de Traballo

3

OB

Técnicas de Prevención de Riscos Laborais. Seguridade no Traballo

6

OB

Técnicas de Prevención de Riscos Laborais. Hixiene Industrial

6

OB

Técnicas de Prevención de Riscos Laborais. Medicina do Traballo, Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada

6

OB

Formación, Información e Negociación en Materia de Prevención de Riscos Laborais

3

OB

Xestión, Planificación e Auditorías da Prevención de Riscos Laborais

4,5

OB

Técnicas Afíns

3

OB

Ámbito Xurídico da Prevención

4,5

OB

Protección Civil e Xestión de Emerxencias

6

OB

Especialidade en Seguridade no Traballo

Seguridade no Traballo en Sectores Económicos Estratéxicos

3

OP

Seguridade das Instalacións

3

OP

Especialidade en Hixiene Industrial

Axentes Físicos

3

OP

Axentes Químicos e Biolóxicos

3

OP

Especialidade en Ergonomía e Psicosocioloxía Aplicada

Xestión dos Riscos Ergonómicos

3

OP

Xestión dos Riscos Psicosociais

3

OP

Prácticas externas

6

OB

Traballo fin de máster

6

OB

5. Condicións de terminación:

O alumnado deberá elixir unha especialidade e superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns.