Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31431

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a concesión dos premios á cooperación 2018.

Mediante a Orde do 15 de decembro de 2017, da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 14, do 19 de xaneiro de 2018), establecéronse as bases reguladoras dos premios á cooperación e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2018.

Nas bases reguladoras establécese que a Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas actuará como tribunal e que a persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego resolverá a concesión dos premios que serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez emitida a proposta de concesión dos premios pola Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperativas, na súa reunión do 5 de xuño de 2018, e sen que fosen formuladas reclamacións, mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Emprego, do 21 de xuño de 2018, aprobouse a concesión dos premios.

Por todo o anterior,

DISPOÑO:

Facer pública a concesión dos premios á cooperación 2018 ás entidades que se indican a continuación:

Premios aos valores cooperativos a Aira, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio ao mellor proxecto cooperativo novo a Bico de Grao, Sociedade Cooperativa Galega.

Premio á traxectoria cooperativa a Viña Costeira, Sociedade Cooperativa Galega.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2018

A secretaria xeral de Emprego
P.A. (Disposición adicional primeira do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral