Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de xestión integral dos residuos sanitarios clase I, II, III, IV e V xerados nos centros dependentes desta xerencia (expediente AB-EIL1-17-007).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIL1-17-007.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de xestión integral de residuos sanitarios xerados nos centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

c) Lotes: tres.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90524400-0.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisición (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

h) Datas de publicación do anuncio de licitación:

– DOUE nº 2015/S 214-445867, do 8 de novembro de 2017.

– BOE nº 275, do 13 de novembro de 2017.

– DOG nº 220, do 20 de novembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 2.080.210,80 €.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 866.754,50 €. Importe total: 953.429,95 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 3 de maio de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 29 de maio de 2018.

c) Contratista:

Lote 1: SRCL Consenur, S.L. (CIF: B86208824).

Lote 3: Recuperaciones Ecolex, S.L. (CIF: B70023510).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Lote 1: importe neto: 447.006,50 €. Importe total: 491.707,15 €.

Lote 3: importe neto: 44.950,00 €. Importe total: 49.445,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: véxase a resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante con data do 4 de maio de 2018.

Lugo, 4 de xuño de 2018

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos