Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato da obra de ampliación (fase II) do IES Laxeiro de Lalín (Pontevedra), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01.03 do CPSO.

missing image file

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización do seguinte contrato de obras:

1. Obra de ampliación (fase II) do IES Laxeiro de Lalín, expediente ED 13/18-O.

1.1. Adxudicataria: Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

1.2. Importe de adxudicación: 701.668,00 € (IVE excluído), o dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, eixe 10, obxectivo específico 10.05.01.03 do CPSO.

1.3. Data de adxudicación: 30 de maio de 2018.

1.4. Data de formalización do contrato: 14 de xuño de 2018.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria