Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31668

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade da Resolución do 19 de xuño de 2018 pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. a retirada, estelado ou empillamento e venda da madeira das árbores situadas no dominio público das marxes das estradas de titularidade autonómica de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade da seguinte encomenda coas seguintes características:

Resolución do 19 de xuño de 2018, da Axencia Galega de Infraestruturas, pola que se encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. a retirada, estelado ou empillamento e venda da madeira das árbores situadas no dominio público das marxes das estradas de titularidade autonómica de Galicia.

– Actividade: os traballos que se van realizar baixo a cobertura da encomenda consistirán no abatemento, retirada e/ou amoreamento de residuos e tamén na venda da madeira aproveitable de árbores situadas na zona de dominio público das estradas da Rede de estradas de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. a consideración de medio propio e de servizo técnico da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ao abeiro do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Modalidade de financiamento: esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Axencia Galega de Infraestruturas para o ano 2018, aplicación orzamentaria 08.A1.512B.610.1.

– Recurso: contra esta resolución poderase interpoñer recurso especial en materia de contratación, ao abeiro do disposto no artigo 44.2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas