Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31673

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. (Tragsatec).

– Actividade. O obxecto da encomenda é prestar apoio técnico e administrativo na tramitación das axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período de execución comeza o 7 de maio de 2018, e o prazo máximo é o 31 de decembro de 2018.

– Financiamento. Esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018, aplicación orzamentaria 09.A4.741A.640.0.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2018

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal