Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de maio de 2018 polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Club Naval de Pontevedra para modificar a concesión de construción e explotación dunhas instalacións para a navegación deportiva no porto de Pontevedra (expediente 13-35-93-C-1).

O día 19 de abril de 2018 o presidente de Portos de Galicia, con base no Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, acordou iniciar o trámite de modificación da concesión outorgada ao Club Naval de Pontevedra para a construción e explotación dunhas instalacións para a navegación deportiva no porto de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia