Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31867

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos

EDICTO (DCT 72/2017).

Cédula de notificación.

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Monforte de Lemos, 7 de setembro de 2017

Vistos por min, César Antonio Saco Figueiras, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Monforte de Lemos e do seu partido, os autos de divorcio contencioso número 72/2017, seguidos por instancia de Antonio Acuña González, representado pola procuradora Sra. González de la Fuente, baixo a dirección do/da letrado/a Sr./a. Acuña Vecino, contra Alina Fernández Pérez, en situación de rebeldía procesual, resolvo con base nos seguintes:

Resolución:

Estimando a demanda interposta por Antonio Acuña González contra Alina Fernández Pérez, debo declarar e declaro disolto por causa de divorcio o matrimonio dos litigantes, celebrado o 11 de decembro de 2007, con todas as medidas legais inherentes a tal declaración.

Acórdase a disolución do réxime económico matrimonial a partir da firmeza desta resolución.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Alina Fernández Pérez, expídese esta cédula para que lle sirva de cédula de notificación.

Monforte de Lemos, 15 de maio de 2018

O letrado da Administración de xustiza