Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato, non suxeito a regulación harmonizada, da obra do proxecto de construción de sinalización e mellora do Camiño Portugués, interior e da costa, mediante tramitación anticipada, procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no obxectivo específico 6.3.2.

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Data de publicación no perfil do contratante: 5 de xaneiro de 2018.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obra.

b) Descrición do obxecto: execución da obra, por lotes, do proxecto de construción da sinalización e mellora no Camiño Portugués, interior e da costa.

Lote 1. Proxecto de construción da sinalización e mellora no Camiño Portugués pola costa: A Guarda p.q. 165+580 a Redondela p.q. 87+390.

Lote 2. Proxecto de construción da sinalización e mellora no Camiño Portugués: Tui p.q. 120+780 a Redondela p.q. 81+100.

Lote 3. Proxecto de construción da sinalización e mellora no Camiño Portugués: Soutomaior p.q. 81+100 a Portas p.q. 49+550.

Lote 4. Proxecto de construción da sinalización e mellora no Camiño Portugués: Caldas de Reis p.q. 49+550 a Santiago de Compostela p.q. 0+00.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Lote 1. Importe sen IVE: 599.840,67 €; IVE (21 %): 125.966,54 €; importe total: 725.807,21 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 375.371,88 €; IVE (21 %): 78.828,10 €; importe total: 454.199,98 €.

Lote 3. Importe sen IVE: 596.408,83 €; IVE (21 %): 125.245,85 €; importe total: 721.654,68 €.

Lote 4. Importe sen IVE: 440.378,73 €; IVE (21 %): 92.479,53 €; importe total: 532.858,26 €.

Importe total dos lotes (IVE incluído): 2.434.520,13 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 6 de xuño de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 15 de xuño de 2018.

c) Adxudicatario.

Lote 1: Extraco, S.A.

Lote 2: Construcciones Isidro Otero, S.L.

Lote 3: Misturas Obras e Proxectos, S.A.

Lote 4: Construcciones Isidro Otero, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1. Importe sin IVE: 427.026,00 €.

Lote 2. Importe sin IVE: 272.407,37 €.

Lote 3. Importe sin IVE: 425.299,00 €.

Lote 4. Importe sin IVE: 317.072,69 €.

Importe total dos lotes sen IVE: 1.441.805,06 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2018

A directora da Axencia Turismo de Galicia
P.A. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia