Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 20 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada ditada nun expediente sancionador en materia de transporte terrestre e devolta polo servizo de Correos (expediente RA/M/2017/00404).

O secretario xeral técnico ditou a resolución do recurso presentado no expediente sancionador número RA/M/2017/00404 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa interesada.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinaren a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, situada no complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela (A Coruña).

Contra a dita resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

En caso de non ter aboado o importe da sanción, deberá pagar o seu importe dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 101 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Expediente

Nº de recurso

Matrícula

Recorrente

Infracción cometida

Datos da denuncia: data; hora; estrada; p.q.

Precepto infrinxido

Sanción imposta

Resolución
do recurso

XC-03526-O-2014

RA/M/2017/00404

8222-GVN/R-5130-BBK

Lezama Terrestres y Marítimos, S.L.

A manipulación do tacógrafo ou dalgún dos seus elementos, así como a doutros instrumentos ou medios de control que exista a obriga de levar instalados no vehículo, con obxecto de alterar o seu funcionamento ou modificar as súas medicións.

8.4.2014; 00.09; AG-64; 3,0

Artigo 140.10 da LOTT

4.001,00 €

Desestimatoria, confirmando a sanción imposta