Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Mércores, 4 de xullo de 2018 Páx. 32217

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 141/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 141/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Iago Vázquez López contra Three Telecom 2014, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a Sentenza do 6 de xuño de 2018, co número 262/2018, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, estes autos número 141/2018 titular sobre despedimento disciplinario, seguidos por instancia Iago Vázquez López, asistido polo letrado Sr. Castro Martínez, contra Three Telecom 2014, S.L, que non compareceu ao acto do xuízo oral, e tendo sido citado o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito esta sentenza con base no seguinte:

Que, estimando integramente a demanda interposta por Iago Vázquez López, contra Three Telecom 2014, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante, efectuado pola demandada con efectos do 19 de xaneiro de 2018, e debo condenar e condeno a Three Telecom 2014, S.L. a que opte entre readmitir inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 45,75 euros diarios, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 3.019,19 euros por despedimento improcedente.

A opción por parte do empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco (5) días contados a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Fogasa e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Three Telecom 2014, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza