Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2018 Páx. 32340

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 18 de xuño de 2018, da Xerencia Executiva do Hospital da Barbanza, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se modifica a previa Resolución do 18 de maio de 2018 que convoca o procedemento de traslados internos nas categorías de persoal sanitario diplomado, formación profesional e persoal de xestión e servizos do grupo auxiliar da función administrativa do persoal fixo no cadro de persoal do Hospital da Barbanza pertencente á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

Logo da reunión do 23 de maio de 2018 da Comisión de Traslados Internos da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada de Santiago de Compostela(en diante EOXIS) elevouse proposta de adenda 2 ás Bases do procedemento de traslados internos, correspondentes ás categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional, e de persoal de xestión e servizos do persoal estatutario fixo no cadro de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e do Hospital da Barbanza pertencentes á EOXIS -asinadas o 12 de abril de 2018.

Debatida a devandita proposta no seo da Comisión de Centro de Atención Especializada da EOXIS, deuse en aprobar en acordo do 30 de maio de 2018 un anexo 2 como parte integrante das amentadas bases.

Esta addenda 2 foi asinada con data do 4 de xuño de 2018.

No Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 5 de xuño de 2018 publicouse o Anuncio do 18 de maio de 2018, da Xerencia Executiva do Hospital da Barbanza, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data, pola que se convoca o procedemento de traslados internos nas categorías de persoal sanitario diplomado, formación profesional e persoal de xestión e servizos do grupo auxiliar da función administrativa do persoal fixo no cadro de persoal do Hospital da Barbanza pertencente á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

Para os efectos de integrar e unificar a normativa en materia de traslados internos en todos os centros de atención especializada da EOXIS, sen menoscabo da seguridade xurídica do procedemento xa convocado para o Hospital da Barbanza; pola presente resolución procédese a modificar a Resolución do 18 de maio de 2018 desta Xerencia Executiva e darlle a publicidade obrigada.

Consonte o anterior procederase á correspondente ampliación do prazo para a presentación de solicitudes, a modificación do anexo I, Relación de prazas ofertadas e a inclusión da addenda 2 no anexo III.

Por último, consonte os criterios reitores das bases de mobilidade voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondentes ás categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de persoal de xestión e servizos das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde, aprobadas pola Mesa Sectorial de Sanidade o 23 de decembro de 2009, a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, tras un proceso de negociación coa representación legal dos traballadores deste centro sanitario, e con base nas competencias atribuídas polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 199, do 15 de outubro) e a Orde do 22 de xullo de 2011 (DOG núm. 146, do 1 de agosto) pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada da Coruña e de Santiago de Compostela; así como o Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modif. polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo) e a Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 139, do 20 de xullo), o xerente executivo do Hospital da Barbanza,

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da modificación da convocatoria do procedemento de traslados internos nas categorías de persoal sanitario diplomado, formación profesional e persoal de xestión e servizos do grupo auxiliar da función administrativa do persoal fixo no cadro de persoal do Hospital da Barbanza pertencente á Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

Esta modificación atinxe á ampliación do prazo de presentación de solicitudes de participación, o anexo I, Relación de prazas ofertadas e a inclusión da addenda 2 no anexo III.

Segundo. As solicitudes de participación e documentación anexa que acrediten os méritos alegados, deberanse presentar no Punto de Atención ao Traballador (PAT) do Hospital da Barbanza no prazo habilitado. Ademais, poderanse presentar a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e en tanto non se habilitaren, segundo o disposto no artigo 38 da Lei 30/1992 (BOE núm. 285, do 27 de novembro).

Terceiro. As bases íntegras da convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios do Hospital da Barbanza, así como na intranet da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

Ribeira, 18 de xuño de 2018

Salvador Mariño-Ageitos Monteagudo
Xerente executivo do Hospital da Barbanza