Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2018 Páx. 32307

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2018 (SI435B, SI435A, SI427B) (Diario Oficial de Galicia número 15, do 22 de xaneiro).

Mediante a Resolución do 29 de decembro de 2017establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, en concorrencia competitiva, das axudas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para o ano 2018. As axudas teñen como finalidade o desenvolvemento dos seguintes programas: Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (procedemento SI435B), Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (procedemento SI435A) e Programa de apoio aos centros de información á muller (procedemento SI427B) (DOG núm. 15, do 22 de xaneiro).

Esta orde tramitouse como expediente anticipado de gasto de acordo co disposto no artigo 1.1 da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 (DOG núm. 209, do 29 de novembro) e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (DOG núm. 201, do 29 de outubro), ao existir crédito adecuado e suficiente para este fin no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 19 de outubro de 2017, na cal se acordou a súa remisión ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación.

De acordo co establecido no artigo 2 da convocatoria, o crédito destinado ao financiamento destas axudas é o seguinte:

Programa

Aplicación

Código de proxecto

Importe 2018

Importe 2019

Total

Fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (procedemento SI435B)

05.11.312G.460.1

2016 00018

524.926,51

-

524.926,51

Prevención e tratamento integral da violencia de xénero (procedemento SI435A)

05.11.313B.460.0

2015 00144

352.000,00

-

352.000,00

Apoio aos centros de información ás mulleres (procedemento SI427B)

05.11.313B.460.0

2015 00144

1.901.685,47

1.470.000,00

3.371.685,47

Totais

2.778.611,98

1.470.000,00

4.248.611,98

Ao existir crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 05.11.312G.460.1, no código de proxecto 2016 00018 coa denominación RECURSOS E PROGRAMAS DE CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE, co fin de poder amparar un maior número de solicitudes presentadas e que cumpren cos requisitos exixidos na convocatoria, estímase conveniente ampliar a dotación orzamentaria consignada para o Programa de conciliación (procedemento SI435B), a través do suposto previsto no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, e no artigo 31.2.b) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 2.3 da Resolución do 29 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade.

De conformidade cos devanditos preceptos regulamentarios, o órgano concedente debe publicar a ampliación de crédito nos mesmos medios que a convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

En consecuencia co exposto, de acordo co previsto no Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, e segundo o establecido no Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, corresponde á Secretaría Xeral da Igualdade, como órgano superior da Administración autonómica en materia de igualdade, entre outras, impulsar as actuacións conducentes á promoción da igualdade e á eliminación da discriminación entre mulleres e homes, así como á eliminación da violencia de xénero nos termos establecidos na Constitución, no Estatuto de autonomía de Galicia, no Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, e na demais lexislación aplicable na materia, e corresponde á Secretaría Xeral da Igualdade a aprobación das bases, da convocatoria e das resolucións en materia de axudas e subvencións, así como a administración dos créditos para gastos do seu respectivo ámbito de competencia.

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Amplíase a dotación orzamentaria destinada a financiar o Programa de conciliación (procedemento SI435B) establecida no artigo 2.3 da Resolución do 29 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción da igualdade, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria no ano 2018.

2. O incremento da dotación será de 119.870,31 € con cargo á aplicación orzamentaria 05.11.312G.460.1, no código de proxecto 2016 00018 coa denominación RECURSOS E PROGRAMAS DE CONCILIACIÓN E CORRESPONSABILIDADE consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

O crédito dispoñible para atender o Programa de fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (procedemento SI435B), queda así establecido en 644.796,82 €, coa seguinte distribución por aplicación orzamentaria:

Aplicación orzamentaria

Crédito actual

Ampliación

Crédito total

05.11.312G.460.1

524.926,51

119.870,19

644.796,82

O crédito total da convocatoria queda do seguinte xeito:

Programa

Aplicación

Código de proxecto

Importe 2018 e 2019 actual

Ampliación

Total

Fomento da conciliación da vida persoal, laboral e familiar (procedemento SI435B)

05.11.312G.460.1

2016 00018

524.926,51

119.870,31

644.796,82

Prevención e tratamento integral da violencia de xénero (procedemento SI435A)

05.11.313B.460.0

2015 00144

352.000,00

-

352.000,00

Apoio aos centros de información ás mulleres (procedemento SI427B)

05.11.313B.460.0

2015 00144

3.371.685,47

-

3.371.685,47

Totais

4.248.611,98

119.870,31

4.368.482,29

3. Esta ampliación de crédito non afecta o prazo establecido no artigo 10.1 da Resolución do 29 de decembro de 2017, para a presentación de solicitudes nin o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2018

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade