Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2018, do Servizo Provincial da Coruña, pola que se acorda realizar o pagamento do prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola obra de proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-429, treito Neaño-Cabana, punto quilométrico 2+176-3+740, no concello de Cabana de Bergantiños (clave AC/16/053.06).

En cumprimento do artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, acordo facer o pagamento do prezo xusto, por mutuo acordo, dos bens e dereitos afectados pola obra proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-429, treito Neaño-Cabana, p.q. 2+176-3+740 (clave AC/16/053.06), no concello de Cabana de Bergantiños, que se relacionan no anexo.

O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria a quen figura como titular na acta previa. No suposto de cambio na titularidade da propiedade que figura na acta previa, deberán achegar documentación que acredite a transmisión da propiedade e DNI do novo titular.

A contía que hai que pagar será o resultado de deducir do prezo xusto o importe correspondente ao depósito previo. Para proceder ao pagamento, os titulares dos bens e dereitos afectados deben proporcionar un certificado de titularidade da conta bancaria co número de conta completo (incluído IBAN) dentro dos quince (15) días naturais, no cal todos os propietarios figuren conxuntamente como titulares. No caso de que no devandito período non se proporcione a documentación, a transferencia aos titulares non se poida levar a cabo, e/ou a propiedade dos bens e dereitos afectados non se acredite suficientemente, o importe do prezo xusto depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia.

A documentación requirida debe presentarse por calquera dos seguintes medios: nas oficinas de asistencia en materia de rexistros, nas oficinas postais dirixidas ao Servizo de Infraestruturas da AXI (rúa Vicente Ferrer, 2-8ª planta, 15071 A Coruña), mediante presentación electrónica no enderezo https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A, ou por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puidesen ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos que se ignore o seu domicilio, ou ben a quen, tentada a súa notificación, non se puido practicar.

A Coruña, 5 de xuño de 2018

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Predio

Letra

Apelidos

Nome

6

A

Álvarez Castro

María

6

A

Álvarez Castro

Josefa

6

A

Álvarez Castro

José María

6

A

Cortes Álvarez

Juan José

6

A

Cortes Álvarez

José Luis

6

A

Cortes Álvarez

Manuel Ángel

6

A

Cortes Álvarez

Pablo Jorge

6

B

Álvarez Castro

María

6

B

Álvarez Castro

Josefa

6

B

Álvarez Castro

José María

6

B

Cortes Álvarez

Juan José

6

B

Cortes Álvarez

José Luis

6

B

Cortes Álvarez

Manuel Ángel

6

B

Cortes Álvarez

Pablo Jorge

14

Blanco Blanco

Carmen

21

Lema García

Jesús

21

Mato Bermúdez

Lucinda

22

Lema García

Jesús

22

Mato Bermúdez

Lucinda