Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32545

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 14 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 4525/2017 contra a Resolución do 27 de xullo de 2017 da Dirección Xeral de Mobilidade.

Nesta secretaría xeral recibiuse oficio da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo P.O. 4525/2017 interposto pola UTE Interurbana de Autocares, S.A.U., Compostelana, S.A.U., Autocares Castilla León, S.A.U., Transportes Adaptados Regionales, S.L.U. e Nex Continental Holdings, S.L., contra a Resolución do 27 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se adxudicou o contrato de xestión de servizo público de transporte regular de uso xeral de viaxeiros por estrada, lote núm. XG523, XG525, XG526, XG527 e XG528.

Para os efectos de cumprir o solicitado no citado oficio, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nesta mesma data.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2018

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda