Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 12 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os requirimentos de documentación nos procedementos BS650G e BS650A, competencia desta xefatura territorial (expediente 150031314 e sete máis).

En virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio dos interesados, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles os actos ás persoas citadas no anexo para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga , nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento do contido dos requirimentos, advertíndolles que, no caso de non compareceren, se terán por notificadas para todos os efectos.

Por ser documentación imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causa imputable ao interesado, advírteselles das consecuencias do seu incumprimento ao abeiro do disposto no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, de desenvolvemento da Lei 26/1990, do 20 de decembro, sobre prestacións non contributivas da Seguridade Social.

A Coruña, 12 de xuño de 2018

Mª Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedementos BS650G.

Interesado

DNI/NIE

Nº expediente

Data

Documentos

García Losada, José Benito

*****755Z

BS650G150031314

21.2.2018

1

Procedementos BS650A.

Interesado/a

DNI/NIE

Nº expediente

Data

Documentos

Barros Seoane, Tania

*****971J

BS650A150017116

10.5.2018

2

Blanco Barreiro, Manuel

*****555W

BS650A15173594

11.5.2018

3 e 4

Blanco Novo, Santiago José

*****570N

BS650A150044415

9.3.2018

5

García Orgeira, Manuel

*****105W

BS650A150015514

14.3.2018

6

Pérez Ríos, Juan Carlos

*****010B

BS650A150004604

9.3.2018

1

Rojo López, Alejandro

*****092Z

BS650A150125498

2.3.2018

1

Serna Buitrago, Nilson César

*****472G

BS650A150014214

20.2.2018

7

ANEXO II

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Copia completa declaración IRPF 2016

D.2

Copia completa declaración IRPF 2017 e padrón

D.3

Padrón convivencia

D.4

Nómina de marzo de 2018

D.5

Ingresos do beneficiario no ano 2017

D.6

Fe de vida e estado do interesado

D.7

Aclarar documentalmente o estado civil do interesado