Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32598

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 5 de febreiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A, competencia desta xefatura territorial (expediente CO172852 e catro máis).

Despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles as resolucións ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos; r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento indicado para comparecer.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer demanda perante a xurisdición social no prazo de trinta (30) días, contados desde a recepción deste escrito, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 5 de febreiro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Data da resolución

Nº de expediente

DNI

Apelidos e nome

Resolución desestimatoria de reclamación previa

17.11.2017

CO172852

79346323A

Abelenda Cambre, José Antonio

Resolución desestimatoria de reclamación previa

27.10.2017

CO171679

32444177D

Basanta Novo, María Carmen

Resolución de inadmisión de reclamación previa

22.12.2017

CO179735

71506727A

Nogueira Pérez, Miguel Ángel

Resolución desestimatoria de reclamación previa

17.11.2017

CO217252

78595558G

Vázquez Pérez, Marcos

Resolución desestimatoria de reclamación previa

14.11.2017

CO212243

76052059Y

Vázquez Silva, Ana María