Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública o proxecto de ordenación forestal do monte veciñal en man común de Ventosa (código PO-00007873F) e o seu estudo de impacto ambiental ordinario, concello de Navia de Suarna.

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométese ao trámite de información pública o proxecto de ordenación forestal PO-00007873F, así como o seu estudo de impacto ambiental ordinario, do monte veciñal en man común de Ventosa, na parroquia de Moia, no concello de Navia de Suarna.

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está dispoñible ao público, para a súa consulta, nas oficinas do Servizo de Montes de Lugo (rolda da Muralla, nº 70, baixo 2º) e no seguinte enlace:

http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/avaliacion_de_impacto_ambiental/informacion_publica_de_eia/

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Ordenación Forestal.

Durante o prazo sinalado, as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas á Xefatura Territorial do Medio Rural de Lugo a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lugo, 14 de xuño de 2018

Mª Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial do Medio Rural