Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PSC-PO-1139/2017-PRE e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a proposta de resolución do expediente PSC-PO-1139/2017-PRE e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Areal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que consideren oportunos. No mesmo prazo, ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

Vigo, 26 de xuño de 2018

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-PO-1139/2017-PRE

Rui Miguel Castro Soares

11619712

Proposta de resolución

Travessa Sâo Pedro, Vilanova de Gaia (Portugal)

PSC-PO-0101/2018-ORS

Pesquera Rodríguez Baz

B36045615

Proposta de resolución

Toledo, 32, Vigo