Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Venres, 6 de xullo de 2018 Páx. 32499

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2018 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Química Orgánica a Fernando Francisco Avecilla Porto.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 13 de abril de 2018 (BOE do 30 de abril), para a provisión da praza número 18/004 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Química Orgánica, departamento de Química desta universidade, a favor de Fernando Francisco Avecilla Porto, con DNI número 32757571M, e unha vez que o interesado acreditase os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Fernando Francisco Avecilla Porto, profesor titular de universidade da área de coñecemento de Química Orgánica, departamento de Química desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día siguiente ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición perante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro de 2015).

A Coruña, 25 de xuño de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña