Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 16 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018087TA-CO, por infraccións en materia sanitaria.

Ao non se poder levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2018087TA-CO incoado a Sara Rodríguez Álvarez.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 16 de xuño de 2018

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, de estrutura orgánica
da Consellería de Sanidade, modificado polo Decreto 33/2014)
Marta Gil Perez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2018087TA-CO.

Interesada: Sara Rodríguez Álvarez.

DNI/NIF/CIF: 34282543P.

Último enderezo coñecido: Alcalde Electo Carballo, 64, 4º D, 15174 Culleredo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.