Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 16 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de reforma da planta de cultivos mariños en Ardia, no concello do Grove, promovido por Nueva Pescanova Biomarine Center, S.L. (clave 2017/0249).

De conformidade co artigo 47, número 3, da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental, do 15 de maio de 2018, do proxecto de reforma da planta de cultivos mariños en Ardia, no concello do Grove (Pontevedra), promovido por Nueva Pescanova Biomarine Center, S.L.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n).

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático