Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Martes, 10 de xullo de 2018 Páx. 32867

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2018 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio.

En sesión que tivo lugar o 14 de xuño de 2018, o tribunal nomeado pola Orde do 17 de novembro de 2017 (DOG núm. 227, do 29 de novembro) modificada pola Orde do 22 de decembro de 2017 (DOG núm. 2, do 3 de xaneiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, que o terceiro exercicio terá lugar o día vinte (20) de xullo de 2018, na aula nº 2 da Escola Galega de Administración Pública de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.00 horas.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento do que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2018

Ascensión Labella Lozano
Presidenta do tribunal