Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2018 Páx. 33054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 20 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0160/2018 e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei, 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta xefatura territorial, situada na rúa avda. María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 20 de xuño de 2018

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado polo

ANP-PO-0001/2018

Manuel Fernández Bernárdez

Proposta

Instrutor

ANP-PO-0009/2018

Pablo Fernández López

Incoación

Xefe territorial

CAZ-PO-0064/2017

Sociedade de caza e pesca de Moraña

Resolución

Xefe territorial

CAZ-PO-0065/2017

Tecor Forcarei

Resolución

Xefe territorial

CON-PO-0156/2018

Sara González Calvo

Incoación

Xefe territorial

CON-PO-0160/2018

Antonia Rodríguez Torres

Incoación

Xefe territorial

CON-PO-0019/2018

José Carril Rodríguez

Resolución

Xefe territorial

CON-PO-0125/2018

María Belén Casas Rivas

Resolución

Xefe territorial