De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícanse ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Fernández Ladreda, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Pontevedra, 29 de xuño de 2018
Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: INC-PO-0040/2018-VNA.
Denunciado: Javier Fontán Fontán.
Acto de notificación: acordo de incoación.
Expediente: INC-PO-0041/2018-VNA.
Denunciada: Remedios Martínez Conde.
Acto de notificación: acordo de incoación.
Expediente: MON-PO-0126/2017-DIA.
Denunciada: Carmen Moldes Mallo.
Acto de notificación: resolución.