Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2018 Páx. 33046

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 102/2018).

ETX execución de títulos xudiciais 102/2018

Procedemento orixe: despedimento/cesamentos en xeral 511/2017

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 102/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Pose Vieites contra Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Fogasa, Neira y Ferreira, S.L.U., Aluminios M. Quinteiro, S.L. sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións, cuxas partes dispositivas son do teor literal seguinte:

Auto

Maxistrada xuíza: Ana María Souto González

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante José Pose Vieites fronte a Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Fogasa, Neira y Ferreira, S.L.U. e Aluminios M. Quinteiro, S.L., parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para a vista do incidente.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada, nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018.

Tendo presentado o traballador José Pose Vieites escrito en que exixía o cumprimento polo empresario Gacaltec, S.L., Manuel Alejandro Quinteiro Rosende, Fogasa, Neira y Ferreira, S.L.U. e Aluminios M. Quinteiro, S.L. da sentenza nº 40/18, do 30 de xaneiro, ditada no procedemento DSP 511/17, e despachado auto de execución de sentenza nº 40/18, do 30 de xaneiro, ditada no procedemento DSP 511/17, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais, facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 30 de xullo de 2018, ás 11.55 horas, na sala 1 destes xulgados, para a celebración da comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase que desiste da súa solicitude; se non o fai o empresario ou o seu representante, celebrarase o acto sen a súa presenza.

Sirva a notificación da presente resolución de citación ás partes comparecidas.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Gacaltec, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza