Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 - Bis Xoves, 12 de Xullo de 2018 Páx. 33312

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 71/2018, do 12 de xullo, polo que se declara loito oficial en Galicia con motivo do falecemento do expresidente do Goberno galego don Gerardo Fernández Albor.

Para manifestar o seu sentimento e o do pobo galego por causa do falecemento do expresidente don Gerardo Fernández Albor, o Goberno galego ten a vontade de facer pública a dor dos seus membros e a de todos os cidadáns.

Polo tanto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día doce de xullo de dous mil dezaoito,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Declárase loito oficial en Galicia desde as 00.00 horas do día 12 de xullo ata as 24.00 horas do día 14 de xullo de 2018.

2. Durante os devanditos días ondearán a media hasta as bandeiras oficiais en todos os centros e edificios públicos dependentes da Xunta de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de xullo de dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza