Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33210

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2018 pola que se dá publicidade á lista definitiva de admitidos e excluídos na convocatoria do 2 de maio de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 90, do 11 de maio) para a cobertura dun posto de xefe/a da Sección de Calidade e composición da comisión de avaliación.

Mediante a Resolución do 2 de maio de 2018, da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (DOG núm. 90, do 11 de maio) convocouse a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe/a da Sección de Calidade.

Publicada o 28 de xuño de 2018 a relación provisional de admitidos e excluídos neste proceso selectivo e, unha vez rematado o prazo de presentación de reclamacións e/ou emendas, esta dirección, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 142/2015, do 17 de setembro, polo que se crea a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 197, do 15 de outubro),

RESOLVE:

Primeiro. Elevar a definitiva a relación provisional de aspirantes admitidos neste proceso de selección:

Solicitante

DNI

Estado

Castrillo Fernández, Azucena

*****912Q

Admitida

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.

Segundo. Publicar, de acordo co previsto na base sétima da convocatoria, como anexo, a composición da comisión de avaliación.

Esta resolución publicarase segundo o disposto na base décimo segunda da convocatoria.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2018

María Luisa López García
Directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

ANEXO

Xefe/a Sección de Calidade

Titulares:

Presidente: Alonso Fachado, Alfonso. Subdirector xeral de Planificación e Programación Asistencial. Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria. Servizo Galego de Saúde.

Vogais:

Adelantado Pérez, María. Xefa da Área de Sangue, Compoñentes Sanguíneos e Hemoderivados. Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Albo López, María del Carmen. Xefa do Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia. Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Villamayor Álvarez, Mercedes. Xefa da Sección do Banco de Sangue. Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia. Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Atienza Merino, Gerardo. Subdirección de Calidade. Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Secretario: Beiras Padella, José Luis. Xefe do Servizo de Xestión e Servizos Xerais. Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos.

Suplentes:

Presidenta: Rey Liste, Teresa. Xefa do Servizo de Procesos e Programas Asistenciais. Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria. Servizo Galego de Saúde.

Vogais:

Arias Sampedro, Jesús. Xefe do Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia do Hospital Lucus Augusti de Lugo.

Peña Marcos, Francisco. Facultativo especialista de área. Banco de Sangue. Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia. Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

Campos Pena, Alfredo. Facultativo especialista de área. Banco de Sangue. Servizo de Hematoloxía e Hemoterapia. Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Queiro Verdes, Teresa. Xefa do Servizo de Medicina Preventiva do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Secretaria: Boado Rial, María Jesús. Xefa do Servizo de Xestión Administrativa, Publicacións e Estatística da Consellería de Sanidade.