Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2018 Páx. 33551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 4 de xullo de 2018 pola que se comunica a execución forzosa de retirada de embarcación das instalacións náutico-deportivas do porto de Cangas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a Alberto Fernández Rodríguez, con NIF 35279631T, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, a execución forzosa por parte de Portos de Galicia da retirada da embarcación Meigas Fora Dos, con indentificación 7ª-CA-3-118-93, atracada nas instalacións náutico-deportivas do porto de Cangas, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.

A retirada forzosa e posterior varada da embarcación, que se levará a cabo nun prazo máximo de dez (10) días contados desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, lévase a cabo polo incumprimento dos termos da resolución emitida pola Presidencia de Portos de Galicia o 13 de setembro de 2017, que decreta a caducidade da autorización de atracada número P6-10A das instalacións náutico-deportivas do porto de Cangas.

Advírtese de que a retirada e varada da embarcación poderá implicar a súa declaración de abandono e posterior incautación, de acordo co previsto na Lei 6/3013, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e no Decreto 130/2013 polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2018

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia