Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2018 Páx. 33476

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 12 de xullo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, polo que se procede a dar publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca o procedemento de mobilidade interna voluntaria para o persoal estatutario fixo do ámbito de atención hospitalaria correspondente a diversas categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de xestión e servizos.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, no Plan de ordenación de recursos humanos do persoal do Servizo Galego de Saúde, con base nos criterios reitores aprobados na Mesa Sectorial de Sanidade, pola Administración sanitaria e as organizacións sindicais con representación nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde o día 29 de decembro de 2009, así como no Acordo de bases acadado coa Comisión de centro de atención especializada do 19 de xaneiro de 2018, e en uso das atribucións conferidas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 46/2013, do 7 de marzo, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, o xerente de Xestión Integrada de Vigo

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria do procedemento de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo do ámbito de atención hospitalaria de diversas categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de xestión e servizos.

Segundo. As bases íntegras da citada convocatoria e demáis resolucións estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, así como na intranet da EOXI de Vigo.

Terceiro. As solicitudes de participación no procedemento de mobilidade interna voluntaria así como o modelo de elección de postos solicitados pola súa orde de preferencia, acompañada, de ser o caso, da documentación recollida na convocatoria, deberán presentarse nos rexistros dos centros integrantes da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, ou a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da data de publicación do presente anuncio na intranet e nos taboleiros de anuncios das oficinas da Dirección de Recursos Humanos da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, e finalizará ás 15.00 horas, do día 18 de setembro de 2018.

Contra a resolución que se anuncia poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Vigo, 12 de xullo de 2018

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo