Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2018 Páx. 33483

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 146/2017).

Procedemento ordinario 146/2017

Sobre outras materias

Demandante: Ypgal Constructora, S.L.

Procurador: Ricardo Garcia-Piccoli y Atanes

Avogado: Ubaldo Rivas Romero

Demandado: Resin Suministros Valga, S.L., Isidro Carro Lorenzo

Cédula de notificación:

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

Sentenza nº 30/2018

Xuízo ordinario nº 146/2017

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales

Demandante: Ypagl Contructora, S.L.

Procurador: Sr. García Piccoli Atanes

Demandado: Resin Suministros Valga, S.L. (en rebeldía)

Obxecto: incumprimento contractual, reclamación de cantidade

En Santiago de Compostela o 19 de febreiro de 2018

Resolución:

Desestimo integramente a demanda presentada por Ypgal Constructora, S.L. contra Resin Suministros Valga, S.L. e, en consecuencia, absolvo a entidade demandada de todos os pronunciamentos instados na súa contra. Todo iso con imposición de custas á parte demandante.

Notifíquese esta resolución ás partes coa indicación de que esta non é firme e que contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que haberá de presentarse neste xulgado no prazo de vinte días desde a súa notificación.

Por exixilo así a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, a interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución dun depósito de 50 euros. Están exceptuadas da obriga de constituír o depósito as partes que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta.

Líbrese testemuño da presente resolución para a súa unión aos autos principais e lévese o orixinal ao libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, María Jesús Sánchez Carbajales, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela.

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Resin Suministros Valga, S.L., expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2018

O/a letrado/a da Administración de xustiza