Con data do 9 de maio de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2018044TA-OU incoado a Rubén Garza Cortiñas, DNI 34999818M, responsable da Discoteca Sala Urbe con enderezo na rúa Ramón Cabanillas, 16-baixo, 32003 Ourense.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Rubén Garza Cortiñas, DNI 34999818M, o contido de dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.
Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Ourense, 22 de xuño de 2018
María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Nº expediente: 2018044TA-OU.
Interesado: Rubén Garza Cortiñas, responsable da Discoteca Sala Urbe.
DNI/NIF/CIF: 34999818M.
Último enderezo coñecido: rúa Ramón Cabanillas, 16-baixo, 32003 Ourense.
Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria. Lei 28/2005, modificada pola Lei 42/2010. Artigo 7.u). Artigo 19.3.b).
Sanción proposta: mil douscentos euros (1.200 €).


