De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.
Os actos foron acordados polo instrutor. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
A comparecencia efectuarase no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da sección xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
Ourense, 22 de xuño de 2018
Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Expediente: OU-13/2018 RE.
Denunciados: Adrián Jiménez Jiménez/Alejandro Manzano Montoya.
Acto notificado: proposta de resolución.
Expediente: OU-15/2018 RE.
Denunciado: Florin Sali.
Acto notificado: proposta de resolución.


