Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2018 Páx. 33672

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Innovadores en Tics (TicyTics).

En cumprimento do disposto no artigo 4.2 do Decreto 406/2009, do 22 de outubro, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia, faise público que se inscribiu a modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Innovadores en Tics (TicyTics), acordada pola Xunta Xeral extraordinaria do 19 de xuño de 2018, na oficina central do Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa nova denominación será: Asociación Gallega de Emprendedores (TICyTIC).

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2018

A secretaria xeral de Emprego
P.A. (Disposición adicional primeira do Decreto 135/2017, do 28 de decembro)
José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral