Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33896

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCION do 3 de xullo de 2018 pola que se anuncia a formalización do contrato relativo á xestión de servizo público, en réxime de concesión, para a explotación de forma integral do spa viñoterapia anexo ao mosteiro de Leiro.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=285808

d) Data de publicación no perfil do contratante: 8 de marzo de 2018.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: concesión para a explotación de forma integral do spa viñoterapia anexo ao mosteiro de Leiro (Ourense).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Valor estimado do contrato: 1.873.452,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 15 de xuño de 2018.

b) Data de formalización: 27 de xuño de 2018.

c) Adxudicataria: Hotel San Clodio, S.L.

d) Importe máximo de adxudicación:

Canon ofertado sen IVE: 3.600,00 €.

Prezo tarifa xeral sen IVE: 11,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2018

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia