Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 17 de xullo de 2018 Páx. 33869

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, de requirimento de documentación do expediente AC15002359 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Polo anterior e, logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, os interesados son informados de que os expedientes están á súa disposición, para coñeceren o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 5 de xullo de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: AC15002359.

Interesada: Knox Investors Blue.

NIF: W4423700F.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: A Coruña.

Expediente: AC15004242.

Interesada: Knox Investors Blue.

NIF: W4423700F.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: A Coruña.

Expediente: AC15000515.

Interesada: Knox Investors Blue.

NIF: W4423700F.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: A Coruña.