Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2018 Páx. 34019

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2018, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo convocado pola Orde do 31 de marzo de 2017 para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 9 de xullo de 2018, o tribunal nomeado pola Orde da Consellería de Facenda do 5 de febreiro de 2018 (DOG núm. 29, do 9 de febreiro) e pola Orde do 28 de febreiro de 2018 (DOG núm. 49, do 9 de marzo), pola que se modifica a súa composición, para cualificar o proceso selectivo que foi convocado mediante a Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 69, do 7 de abril), para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios, adoptou por unanimidade os seguintes

ACORDOS:

Primeiro. Segundo o disposto na base II.1.1.2 da convocatoria do proceso selectivo e na Orde da Consellería de Facenda, do 26 de xuño de 2018, pola que se amplía o prazo de realización do segundo exercicio, e de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 28 de xullo de 2018, na aula 1 da Facultade de Dereito da USC en Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao lugar en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Segundo. Mediante a Resolución do 14 de xuño de 2018 (DOG núm. 117, do 20 de xuño) publícanse as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao primeiro exercicio deste proceso selectivo, e de acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes puideron presentar as alegacións que consideraron oportunas no prazo de 10 días hábiles contados desde a publicación desa resolución no Diario Oficial de Galicia.

Á vista das alegacións presentadas, modifícase a puntuación obtida no primeiro exercicio da fase de oposición do seguinte aspirante, que queda como a continuación se indica:

DNI

Apelidos e nome

Puntuación

09794394M

Álvarez Montes, René

18,70

De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interporse recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018

José Ángel Viñuela Rodríguez
Presidente do tribunal